Raúl Gil (Cangas, 1996), renova o seu compromiso coa UD Ourense coa ilusión de poder pelexaar polos postos máis altos da clasificación.
- Que esperas da tempada?
Estou convencido de que podemos gañarlle a calquera equipo e imos pelexar polos postos altos. Cando se parou a liga estabamos no noso mellor momento e estamos con moitas ganas de cara á vindeira tempada.
- Por qué decidiches renovar?
Decidín renovar porque me sentín identificado co club e coa afección desde o primeiro momento.
- Que lle dirías á afección?
Que espero que nos siga apoiando como sempre o fixo xa que son a parte máis importante do club.