Segue a construcción do equipo que xogará a vindeira tempada na Preferente Autonómica. Onte presentouse unha nova fichaxe, Bruno, e un xogador renovado, Hugo.
Bruno Gómez Cid, 29 anos, e un mediocentro que chega procedente do Nogueira de Ramuín onde realizou unha extraordinaria tempada, xogando 34 partidos e anotando 9 goles. Bruno é un vello coñecido da afección ourensanista xa que xogou no filial ourensanista, chegando a debutar no primiero equipo na tempada 2009-10 en 3ª División.
Despois iniciou unha peregrinaxe que o levou por Lalín, Velle e Barco. Finalmente recalou no Nogueira na tempada 2012-13, onde estivo cinco tempadas, logrando dous ascensos a Preferente Autonómica. Tamén co Lalín conseguira ascender a 3ª División con Nacho Currás, agora segundo adestrador, como compañeiro de equipo.
Pola súa banda Hugo García, 27 anos, continuará unha tempada máis no club, será a segunda, despois de chegar o verán pasado dende o Barbadás de 3ª División. A tempada pasada anotou 10 goles nunha campaña marcada polas lesións que lle impediron unha maior continuidade. Esta tempada intentará recuperar a súa mellor versión e demostrar a enorme calidade que leva dentro.
Foto: Yedra Seara