Os do Ribeiro son o rival ao que máis veces nos enfrontamos e co se creou unha rivalidade que vivirá un novo episodio este domingo dende as 16,30 horas no campo da Regueiriña de Barbantes, xa que o seu campo da Queixeira está en obras.
Será a terceira ocasión na que visitaremos ao At.Arnoia, e a ver si desta vez chega a vencida xa que nas outras dúas ocasións saímos derrotados. Na tempada 2014-15 caimos por 1-0 na ida das semifinais da Copa Deputación B e a tempada pasada perdimos por 2-1 na primeira xornada do campionato de 2ª Autonómica. Todo o contrario cos enfrontamentos no Couto no que saímos airosos as catro ocasións nas que nos enfrontamos. Dúas delas nesta tempada, cun 2-0 na Copa e cun 1-0 na liga.
O At.Arnoia é un equipo que vai a maís con cinco vitorias nos últimos seis partidos, cunha xeira das catro últimas logradas de forma consecutiva, marcando ademáis moitos goles. Estos bos resultados aupáronos ao quinto posto na clasificación. É, sen dúbida, a saída máis complicada do que resta de campionato.
Como locais gañaron seis partidos (Taboadela, Xunqueira, Monterrei, Peroxa, A Manchica e Cortegada), empataron tres (Velle, Ribeiro e Allariz) e perderon dous (Bande e Viana). Enlazan catro vitorias consecutivas na casa.
Antonio Dacosta non poderá contar para este partido con Omar, Toni, Adrián, Diego Soto e Xurxo por lesión. Como vemos moitas baixas sobre todo no centro do campo onde tan só queda Aitor como home específico desa zona. Xa que logo Dacosta baralla cambiar de sistema ante a falla de efectivos nesa zona, pasando a un 4-1-4-1. Antes do partido tomará unha decisión e anunciará a alineación. Debido ás baixas entra na convocatoria o xuvenil Diego Pousa.
Os convocados son: Lucas Sierra e Samuel como porteiros; Aitor, Cristian, Diego Pousa, Fran Martínez, Hugo, Julio Martínez, Marcos Sotelo, Otero, Rubén Durán, Senén, Sergio, Tito Currás, Unai e Xaco.
One Response
Ourense Deportivo – Chega o clásico, visitamos ao At.Arnoia
[…] entrada Chega o clásico, visitamos ao At.Arnoia aparece primero en Unión Deportiva […]