Primeira visita nesta tempada 2018-19 da actividade “Coñece o meu clube”. Esta vez tivemos o pracer de achegarnos na xornada matinal do venres 5 de outubro ó Colexio Plurilingüe San José – Josefinas.
Nesta ocasión contamos coa presenza de Fernando Currás, adestrador do primeiro equipo; por parte do cadro de xogadores asistiron; Marcos, Dacoba e David González.
Unha visita na que ademáis de facer unha pequena charla se repartiron diferentes agasallos do clube como bolígrafos e pegatinas para o alumnado de diferentes cursos da Educación Primaria.
Grazas á comunidade educativa, estaremos encantados de repetir no próximo curso.
