Comunicado oficial

con No hay comentarios

Ante o masivo recibimento de felicitacións, e tralo terceiro ascenso consecutivo dende a creación deste novo Ourense, en nome de toda a actual directiva, queremos manifestar:

O mais sinceiro agradecemento a cada un e unha de vos, que estivéstedes a contribuir a que o Ourensanismo lata cada vez con mais forza. Non o podemos facer individualmente dado que sodes moitísima xente, pero dende aiquí vos transmitimos o noso afecto.

Grazas en especial a #@sNos@sAmig@s do CIDADE DAS BURGAS, que sempre nos acompañan.

 

Grazas a tódolos clubes de galicia que nos felicitaron e se lembraron de nós, en especial aos da nosa provincia: C.D.SEIXALBO, A PEROXA C.F., ANTELA, TOÉN, ARENTEIRO, U.D.BARBADÁS, FRANCELOS, RIBEIRO, SD.BANDE, OURENSE C.F., VERÍN C.F., CD.BARCO, A VALENZÁ entre outros moitos mais…

Aos clubes compañeiros e amigos de accionariado popular, a forza dun fútbol á marxe de sucios intereses económicos: CAP CIUDAD DE MURCIA, UNIONISTAS DE SALAMANCA,  ATLÉTICO CLUB DE SOCIOS, SD. LOGROÑÉS, ORIHUELA DEPORTIVA, AVILÉS STADIUM, ASPENSE, CEARES…..

Grazas ós medios de comunicación por transmitir a realidade da nosa entidade, FARO DE VIGO, TVG, GALICIA EN GOLES FIN DE SEMANA, LOS OTROS 18, WANDERERS, GALICIA DEPORTIVA, entre outros moitos tamén…

Grazas a tódalas autoridades que expresaron as súas felicitacións.

Grazas aos nosos alicerces e verdadeiro sustento PATROCINADORES (CO.SA.GA, GARZA AUTOMOCIÓN, ACEITES ABRIL, LISARDO DORRIBO, ACADEMIA POSTAL. BERMELLO, ÁNCORA…). Grazas por crer e apostar por nós.

Grazas ás SOCIAS e aos SOCIOS, verdadeiros donos e donas da entidade, que fan realidade que as cores vermellas luzan novamente entre o Ourensanismo.

Grazas a tódolas/os colaboradoras/es, voluntarios e voluntarias, por axudar e prestar de xeito desinteresado, coma esta directiva, o voso tempo e traballo, vital para o día a día do clube.

Grazas aos futbolistas e corpo técnico por ser un exemplo de superación, compromiso, esforzo e deportividade.

Grazas a toda a afección Ourensanista, con vos seguimos crecendo.

 

 

GRAZAS a todos!! Sen vós, todo o conseguido ata agora non sería posible

Esto non queda aquí, seguiremos traballando e procurando pasiño a pasiño, facer todo o que estea na nosa man para que este Ourense chegue ata onde o Ourensanismo desexe.