Dende a UD Ourense queremos expresar a nosa total repulsa e condena enérxica polos acontecementos acaecidos fai unhas semanas nas rúas da cidade, que se saldaron, según fontes policiais, coa agresión dun mozo por parte doutras persoas e que hoxe sairon a luz na prensa. A información facilitada por algún dos medios de comunicación que se fixeron eco, ademáis de ser errónea, so busca a difamación contra o noso clube e por elo queremos manifestar o seguinte:
- A UD Ourense condena enérxicamente todo acto violento sexa da índole que sexa. Estamos en contra da violencia en tódalas súas formas e o longo dos 3 anos e 2 meses de vida do clube así o manifestamos numerosas veces.
- Que as persoas descritas no mencionado incidente, non pertencen nin pertenceron á nosa entidade, xa que nunca foron aboados ou socios do clube, polo que non entendemos esa mención a UD Ourense.
- A UD Ourense é un clube apartidario e que se desmarca completamente de toda sigla política. O longo da nosa historia non permitimos o desplegue de ningún tipo de pancarta que faga referencia a ningún acto político, xa que o noso é o deporte e neste caso o fútbol.
- A UD Ourense é un clube de fútbol, adicado a práctica deportiva e a fomentar o deporte do balompé entre os nenos e nenas da cidade, lucindo orgullosos o nome de Ourense por todos os recunchos que visitamos. Primando sempre o fair play e a deportividade.
- Que non entendemos as novas lanzadas por La Región e Europa Press, nas que se menciona explícitamente o clube, o comprobar que ningún destas dúas persoas pertencen ou pertenceron o noso estamento o longo destes anos de vida. Información que dana a nosa imaxe.
- Manifestamos tamén, ante a citada frase aparecida no periódico La Región “grupo ultra del UD Ourense”, que non contamos con ningún grupo ultra, que só contamos con peñas, que se adican cada fin de semana a animar o noso equipo e que o longo destes anos de vida, xamais protagonizaron ningún tipo de incidente violento, primando a deportividade e o bo rollo tanto nos partidos da casa coma en todos os desplazamentos feitos pola nosa provincia e neste ano pola de Pontevedra.
- Esiximos unha rectificación inmediata por parte dos citados medios, xa que danan a nosa imaxe ao mesturarnos con actos violentos nas rúas da cidade, alonxados do noso estadio, fora do fútbol e que nada teñen que ver co noso clube.
- A UD Ourense resérvase o dereito de emprender as accións que estime oportunas contra aqueles que están empeñados en difamar o noso escudo e o noso estamento. E que defenderemos a nosa honra en tódolos ámbitos polas máis de 1.500 persoas entre socios, aboados, xogadores, corpos técnicos, base, aficionados, seguidores, directivos e colaboradores que forman parte do clube e aos que se ataca directamente con estas falsas informacións.