Comunicado de prensa desmentindo as informacións publicadas por La Región

con No hay comentarios

Dende a UD Ourense e moi o noso pesar, tócanos voltar a sair o paso ante as información vertidas polo xornal La Región no día de hoxe, no que se publica información referente o clube que é totalmente falsa e que tan só busca causar dano no noso clube, buscando fórmulas para perxudicarnos no noso devir como entidade deportiva e tratando de crear unha atmósfera na sociedade, que nada ten que ver ca realidade deste clube.

A UD Ourense naceu co propósito de manter vivo un legado desaparecido e de permitir que toda a xente que formaba parte desa gran familia, tivese outra opción de seguir desfruntando co clube da cidade. Durante estes anos de vida a nosa intención foi sempre fomentar o fútbol na cidade e provincia, creando tamén as categorías base, para permitir os máis pequenos desenrolar a práctica deportiva dentro dun ambiente de deportividade e fair play. Tamén creamos un conxunto feminino para promocionar esta modalidade e dar una oportunidade a tódalas rapazas que queren seguir a practicar o seu deporte favorito.

Unha vez máis e xa son varias dende La Región lanzan unha serie de información falsas e erróneas, sen consultar fontes, sen informarse da realidade e sen preguntar por esas afirmacións que fan. Onte mesmo recibimos unha chamada do mencionado diario, pero en ningún momento se fixo ninguna pregunta desta índole, póndose o responsable de prensa a disposición para aclarar todo o necesario, a pesar de lanzar xa un comunicado informando e desmentindo a información lanzada o día anterior. Non entendemos que se publique unha información con datos e afirmacións falsas e que procedemos a desmentir, manifestando o seguinte:

  1. A UD Ourense esixe a La Región unha rectificación pública dos feitos descritos no seu artigo de hoxe nas páxinas de local e que a continuación procedemos a desmentir. Consideramos que están feitos con malicia e coa intención de danar o clube e os seus acordos con persoas, empresas e institucións.
  1. No citado artigo mencionase que “Gestionan la cafetería del club”, en referencia a peña Ouligans. Queremos desmentir que a xestión dos bares do estadio sea xestión de ninguna peña, xa que directamente é xestión do clube, que é o encargado de traballar estes espazos e de recabar os beneficios para a entidade.
  1. Tamén se afirma que na citada peña, se atopan dous membros que forman ou formaron parte da directiva. “Entre sus miembros se encuentran directivos y ex directivos de la UD Ourense como Rafael Prado o Rubén Conde Martínez”. Nova información errónea, xa que o primeiro desvinculouse da peña o entrar a formar parte da directiva, namentras que o segundo endexamáis pertenceu a ese grupo, sendo peñista da peña Cambeo. Entendemos que a imaxe destas dúas persoas tamén se está danando o mesturalos con este tipo de actos, nos que nada teñen que ver e nos que se publican os seus nomes con total impunidade.
  1. Outro dos puntos que tamén é falso fai referencia a un local no que a peña Ouligans garda o seu material (bufandas, camisolas e bandeiras) “tienen reservado un bajo para guardar pancartas”. Non existe un local exclusivo para ningunha peña, nin un baixo, trátase dun acceso por debaixo dun dos bares, onde se garda mercadoría dos mesmos, así como material de tódalas peñas do clube, con consentemento da Xunta e para evitar o traslado das mercadorías os días que non nos corresponde o campo.
  1. Dende a UD Ourense reservámonos o dereito a tomar todas as accións legais que estimemos oportunas contra o xornal La Región, xa que consideramos que este ataque sobrepasa a línea e causa un grave perxuicio o noso clube. Este artigo supón un ataque o código deontolóxico periodístico e amosa a falta de ética dun medio que parece que dende o noso nacemento só busca a confrontación da sociedad co clube para provocar o noso fracaso.