Dende a Unión Deportiva Ourense queremos facer un chamamento á deportividade e ó espíritu de festa propio dun partido de fútbol como o que nos vai enfrotar na tarde do xoves 13 de abril ante a S.D. Bande.
Feitos como os se que produciron no partido do pasado domingo non deberían voltar a suceder, polo ben do propio fútbol.
Por iso queremos que a nosa afección manteña o seu comportamento exemplar que leva amosando na nosa curta pero intensa historia, nestes case tres anos de vida polos campos da nosa provincia.
Fagamos oídos xordos ás continuas provocacións que nos poidan chegar por parte de certa persoa da S.D. Bande, como as vividas o pasado domingo, e centrémonos só en animar o noso equipo, na procura dunha remontada histórica.
Para iso, os xogadores precisan sentirnos moi preto, así que non deixemos que nos afasten do noso obxectivo, que é tentar de pasar a eliminatoria. Cando nos busquen as cóxegas, que non as atopen, e que se escoite máis alto que nunca a nosa forza, que sodes vós.
¡FORZA UNIÓN DEPORTIVA OURENSE!