Comunicado relativo á información publicada no xornal «La Región» o luns sobre os incidentes no Couto

con No hay comentarios

A Unión Deportiva Ourense emite este comunicado para mostrar a súa sorpresa e indignación ante as palabras do xornalista Fabián Clinaz, na súa crónica do día 10 de abril, publicada ás 08:35 horas no xornal “La Región” (véxase ligazón). Nesta crónica, pódese ler que algúns dos afeccionados “radicais” da Unión Deportiva Ourense lanzaron ao terreo de xogo “ata butacas”.

A U.D. Ourense quere deixar claro que estes feitos son totalmente falsos e non reflicten a realidade do ocorrido no campo do Couto, durante o transcurso do partido deste domingo. A pesar das continuas provocacións do adestrador da S.D. Bande, o señor Iván González, os afeccionados da U.D. Ourense nunca lanzaron butacas ao terreo de xogo.

Por tanto, solicitamos unha rectificación tanto ao xornalista, o señor Fabián Clinaz, como ao seu medio de comunicación, o xornal “La Región”. A súa función é informar aos seus lectores, non inventarse sucesos e incidentes que non tiveron lugar, e que ademais manchan a imaxe dun club como é a U.D. Ourense e dos seus afeccionados.

Tamén queremos aproveitar este comunicado para resaltar o comportamento da nosa afección, que tanto nos partidos de casa como nos disputados fóra do estadio do Couto, tivo sempre un comportamento exemplar.