Importante convenio con Miraflores

con No hay comentarios

Grazas ao convenio establecido con “COLEGIO MIRAFLORES OURENSE” informamos da que será a nosa nova casa, dando comezo a unha nova etapa e dando continuidade ao proxecto iniciado no ano 2014 por parte da nosa entidade.

MIRAFLORES será a nosa particular “Cidade Deportiva”, novo fogar, lugar de traballo, formación e convivencia de todos os equipos e familias que compoñen a Unión Derpotiva Ourense. A “Escoliña”, a Base e os equipos masculino e feminino traballaran no día a día nas instalacións que proporciona este colexio de recoñecido prestixio, podendo tamén desfrutar e acollerse a todas as actividades e posibilidades que ofrece este magnífico centro.

Un gran avance para o futuro do club, no que melloraremos así a calidade de adestramentos e preparación, a formación e todos os valores humanos e persoais que dende a entidade queremos proporcionar a todas aquelas familias Ourensanistas que desexen formar parte deste ilusionante proxecto.

  • VANTAXES

    – Libre disposición horaria que permitirá facilitar a coordinación de adestramentos e partidos.

    – Disposición propia de instalacións e campo que mellorará a calidade dos adestramentos.

    – Concentración de todos os equipos do club nas mesmas instalacións

    – Amplo aparcamento

    – Distancia a menos de 15min dende a maior parte dos barrios da cidade

    INSTALACIÓNS

    – Campo de fútbol 11 de boas dimensións

    – Polideportivo con ampla disposición horaria

    – Piscina para disposición de todos os equipos (1h mensual con posibilidade de aumento)

    – Aula audiovisual para a proxección de vídeos e demais filmes

    – Salón de actos para presentacións e eventos

    – Cafetería e sala de lectura

    – Despacho para atención personalizada a familias

    – Gardería para a conciliación familiar

    – Lavandeiría


    OUTRAS VANTAXES E POSIBILIDADES

    – Actividades extraescolares que ofrece o propio centro

    – Transporte en bus

    PROGRAMA FORMATIVO-EDUCATIVO (ver adxunto)


    PERSOAL CUALIFICADO

    – Coordinador Deportivo (Diego Soto)

    – Entrenador específico de porteiros (Pato Guillén)

    – Recuperador físico persoal e prevención de lesións (Toni Álvarez)

    – Monitores titulados e especializados, que atenderán todas as necesidades que se presenten.

DESCONTOS

  • 10% nas actividades que ofrece MIRAFLORES así como a utilización da Piscina

  • Adhesión ó programa “Operación Retorno” dos descontos que ofrece o club

  • 20% nos Campus celebrados polo Club

 

MAIS INFORMACIÓN a través do Coordinador DIEGO SOTO  tfno. 649 531 567

#APOSTAMOS POLO MELLOR #A ILUSIÓN QUE NOS UNE