Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D. Ourense

con No hay comentarios

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 17 de xaneiro de 2019, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de persoas socias coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Ratificación, se procede, de novas persoas socias.
  2. Liquidación do orzamento da tempada 2017-18
  3. Informe de execución do orzamento da tempada 2018-19.
  4. Dimisión da Xunta directiva e convocatoria eleccións
  5. Rolda libre de intervencións

Lémbrase que as persoas socias poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo, lémbrase que poden acudir a Asemblea con voz e voto as persoas socias maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da cota social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último, recordar que unha persoa socia pode representar a outra presentando escrito de autorización e copia do DNI da persoa representada.