Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da U.D. Ourense

con No hay comentarios

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 14 de xuño de 2018, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación dos prezos dos carnés de socios e abonados da tempada 2018-19.
  2. Autorización á Xunta directiva de iniciación de trámites para a constitución dunha Fundación de interese galego.
  3. Rolda libre de intervencións.

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

Ourense, 30 de maio de 2018.