CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA U.D.OURENSE
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 27 de xuño de 2017, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Liquidación orzamento tempada 2015-16
2.- Memoria deportiva tempada 2016-17
3.- Estado de execución orzamento tempada 2016-17
4.- Memoria deportiva tempada 2017-18
5.- Aprobación, se procede, do orzamento da tempada 2017-18
6.- Aprobación, se procede, da creación da sección de xogos electrónicos do club
7.- Cese de Rubén Conde Martínez como Secretario do club
8.- Rolda libre de intervencións.
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.