Convocatoria asembleas para o vindeiro día 4 de xullo

con No hay comentarios

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA U.D.OURENSE

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 4 de xullo de 2019, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e 20,00 horas en segunda no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense (antigo Edificio Simeón) na rúa Progreso, núm. 30, Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, das cuotas de abonados para a tempada 2019-20

2.- Rolda libre de intervencións

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo  con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA U.D.OURENSE

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 4 de xullo de 2019, ás 20,15 horas en primeira convocatoria e 20,45 horas en segunda no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense (antigo Edificio Simeón) na rúa Progreso, núm. 30, Asemblea Xeral Extraordinaria de socios co seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Convocatoria de eleccións