Daniel Sampayo Tesouro (Ourense, 2001), é xa novo xogador da UD Ourense. O gardarredes ourensán chega procedente do xuvenil de liga nacional do Pabellón para competir ao máis alto nivel.
- Que esperas da tempada?
Espero aprender moitas cousas que me fagan mellorar como xogador e aportar o máximo ao equipo para chegar o máis lonxe posible.
- Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?
É difícil rexeitar unha oportunidade tan boa como esta. Gústame competir a alto nivel e a UD Ourense dame esa posibilidade.
- Que lle dirías á afección?
Teño moitas ganas de comezar esta tempada. Darei o máximo e afrontareina coa máxima ilusión para aproveitar esta gran oportunidade.