A Unión Deportiva Ourense despediuse da categoría cun triunfo por 4-0 sobre o Taboadela nun partido xogado sen presión de ningún tipo, xa que os dous equipos non se xogaban nada. Antes do partido emotiva despedida de Antonio Dacosta como adestrador do primeiro equipo coa entrega dunha placa por parte da directiva e a pechada ovación de todo o público presente no Couto.
Tamén merece ser destacada a gran ovación que recibiu o central Tito Currás cando foi sustituido por Diego Pousa ao comezo da segunda metade.
O partido resultou entretido para o público xa que os dous equipos sairon ao campo coa intención de xogar ao fútbol e facer goles. Ningún dos dous o conseguiu na primeira metade, que finalizou como comezou, pero non foi por falta de oportunidades. Os dous equipos gozaron de boas ocasións pero non estiveron atinados á hora de concretalas.
Esto cambiou na segunda metade. Nada máis sair Senén foi obxecto dun penalti que el mesmo transformou. Coa entrada de Adrián e Hugo o equipo ourensanista creaba moito máis perigo e tamén conseguia converter as ocasións en goles. Así Adrián fixo o segundo no minuto 53 ao rematar de cabeza un medido centro de Rubén Durán.
Ao Taboadela este segundo tempo fíxoselle moi longo e o Ourense seguía creando ocasións de gol con facilidade. No minuto 73 Xaco facía o terceiro gol ao rematar de cabeza un córner que se paseou pola área visitante. A goleada pechouna Adrián ao rematar unha gran xogada de Hugo pola banda dereita no minuto 88.
Sen tempo para máis chegouse ao final do partido e da tempada. Unha tempada sobresaínda na que se acadou o ascenso a Preferente Autonómica, o terceiro consecutivo, e se fixo unha boa Copa Deputación eliminando a At.Arnoia e Arenteiro.
Foto: Yedra Seara