Día das letras galegas

con No hay comentarios

Tal día coma hoxe, dende 1963 celébrase o día das letras galegas, día no que a través da Real Academia Galega se homenaxea a todas aquelas persoas que destacan pola súas creacións literarias en galego e pola defensa da súa propia lingua.

A primeira homenaxeada foi Rosalía de Castro que destacou, entre outras moitas cousas, pola súa obra Cantares Gallegos, obra que coa súa publicación en 1863 partiría o renacemento cultural galego, coñecido como o «Rexurdimento». Rosalía xunto a Francisca Herrera Garrido son as únicas mulleres homenaxeadas ata o momento.

Este ano o homenaxeado é un Ourensán, nin mais nin menos que Carlos Casares.

 

 

Consultade toda a súa biografía e obras literarias na seguinte ligazón.

BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES

 

A Unión Deportiva Ourense quixo desde o seu nacemento que o galego fose a súa lingua e así o recolleu nos seus estatutos. Nun día coma o de hoxe, dende a entidade, queremos animar a que sexa utilizado e respetado por todas e todos,mimando e coidando así a riqueza e patrimonio cultural mais grande que temos, o noso idioma é o que nos identifica e une.