Diego Vieytes preséntase coma xogador da UD Ourense en COSAGA

con No hay comentarios

A UD Ourense presena a Diego Vieytes, novo reforzo para a zaga na sede do patrocinador principal do clube, COSAGA. O xogador renuncia a ofertas moi superiores para vir a un vestiario no que conta con moitos amigos e ex compañeiros.

A última fichaxe da UD Ourense, Diego Vieytes, xa se adestra cos seus compañeiros e podería debutar o próximo domingo. O central ourensá, que chega procedente do Boiro, tras a rescisión do seu contrato, asina co clube vermello na procura do ascenso a Terceira División. Central con experiencia en Segunda “B” e Terceira e que nunca xogou na categoría. Un salto de calidade extra para a zaga vermella.

O xogador foi presentado nun acto que contou ca presencia do presidente do clube, Modesto García e do adestrador, Fernando Currás. Ambos acompañaron a Vieytes nas súas primeiras declaracións ante os medios de comunicación como xogador do Ourense. Pola sede de COSAGA deixaronse ver numerosos membros da directiva, asi como algúns afeccionados, que non quixeron perderse o momento.

Abriu o acto o presidente, Modesto, que salientou que Vieytes era un xogador de superior categoría, ademáis de apuntar “ven a Ourense con unha oferta moi inferior a outras que tiña e o contrato que tiña asinado co Boiro, o que amosa o súa decisión por formar parte do clube da súa cidade. O clube fai un esforzo, pero é maior o que fai o xogador, xa que a oferta e moi inferior a de outros clubes”.

O presidente destacou tamén que Vieytes era un xogador que levaban tempo seguindo e que estivo a piques de converterse nunha das fichaxes do verán. O xogador chegou a adestrar cos vermellos, ademais de facerse aboado a principio de tempada, estando presente en varios encontros tanto este ano coma outros anteriores.

Posteriormente chegou a comparecencia de Diego Vieytes, quen sinalou que “quero agradecerlle o clube o esforzo que fixo. Eu tamén o fixen no tema económico, pero os cartos para min non o son todo e valorei estar nun equipo que vai cara arriba, cun proxecto ilusionante e xente seria que cumple co pactado  e que ten a tanta xente implicada en todos os niveis nesta cidade».

O central xa coñece o ambiente do Couto. “O ambiente xa o vivin dende que se fundou o clube e comezou a competir en Terceira Rexional. Eu quedaba abraiado coa cantidade de xente que acudía o campo a animar o equipo”, apuntala o zagueiro.

No vestiario atópanse varios compañeiros de equipo no pasado coma Alfredo, Luis, Germán, Hugo García ou Oli cos que ademais comparte amizade. “Preferín vir a Ourense porque sei que vou a estar arropado pola xente que xa coñezo e que están contentos de que veña a este clube, onde estarei feliz con grandes amigos, e eso é o que busco neste momento”.

Os obxetivos do clube tamén motivan a Diego Vieytes, que sabe que a intención e estar a próxima tempada en Terceira División e devolver por fin o clube e os afeccionados o lugar no que coma mínimo merecen estar.

Vieytes finalizou a súa comparecencia contestando a unha pregunta sobre a súa decisión de firmar polo Ourense, o igual que outros grandes xogadores anteriormente. “Desde a fundación do clube, fixéronse as cousas moi ben e vese a implicación de toda a xente que hai detrás. Moita xente colaborando, interesándose porque o clube esté o máis arriba posible, e a xente do fútbol eso apreciao e dase conta de que ocurre. Ver tanta xente nun campo motívate, porque vese en poucos campos en Galicia a unha afección tan grande, que está entre as dez que más enchen os estadios nas nosa comunidade.

Currás destacou  que “ encaixa perfectamente no grupo, coñecemos as súas virtudes e a pesares de que na parcela económica tocou facer un esforzo económico por ambas partes, acadouse a súa fichaxe. Aquí está e é algo a reseñar”.

Vieytes podería debutar este domingo fronte o Valladares no partido que abre a segunda volta e o telón ligueiro deste tramo final de 19 partidos no estadio de O Couto.

 

En breves, estará dispoñible a rolda de prensa en formato audiovisual na nosa canle de Youtube.