Enorme fin de semana en canto a resultados

con 1 comentario

Gran fin de semana para as nosas cores. No fútbol once colleitáronse cinco vitorias por só dúas derrotas mentres que no fútbol oito se acadaron cinco derrotas, pero tamén dúas vitorias de moito mérito.

No fútbol once, destacar por encima de todo a gran vitoria do primeiro equipo no Couto ante o CD Velle coa que conseguimos o ansiado ascenso á Preferente Sur. O Feminino tamén gañaba con algo de sufrimento ante o Umia no Monte da Aira. As outras tres vitorias chegaban da man do Xuvenil B ante o Seixalbo por un claro un a sete e dos dous equipos cadetes que gañaron nas súas respectivas competicións. Só perderon os dous equipos infantís, ante o Maceda e o Santa Teresita.

No futbol oito, tanto o Alevín B como o Benxamín B trouxeron os tres puntos do seu desprazamento a Celanova. Tanto o Alevín A como o Benxamín A realizaron moi bós partidos nos que mereceron máis ante as Promesas e o Monforte, pero ningún dos dous foron quen de puntuar nesta xornada.

 

 

One Response

  1. […] entrada Enorme fin de semana en cuanto a resultados aparece primero en Unión Deportiva […]