- Como valorarías a tempada ata o de agora? Tanto a nivel colectivo como individual.
A nivel colectivo estamos mellorando moito, xa que ao comezo da tempada non nos adaptaramos ben aos partidos que xogabamos fora. Ao longo desta tempada estivemos mellorando moito na fortaleza mental xa que nalgúns encontros encaixabamos un gol e costábanos moito volver á concentración e intensidade inicial.
- Que obxectivos dos que te marcaches a principio de tempada acadaches?
O obxectivo principal que me marquei aínda non o acadamos, pero si que estabamos no camiño adecuado e na traxectoria correcta.
- Que tal te atopas na UD Ourense? Onde che gustaría estar dentro de 5 anos?
Na UD Ourense atópome moi cómodo e arroupado como si estivese na miña casa, con moita ilusión por conseguir metas.
5 anos son moitos, eu prefiro ir desfrutando do momento, pero o que teño claro é que unha das miñas metas e xogar no primeiro equipo.
- Quen é Charly? Descríbete un pouco como xogador e a nivel persoal.
Son un xogador zurdo, intenso, potente, rápido, con bo golpeo e gústame asociarme cos meus compañeiros.
A nivel persoal considérome unha persoa humilde, alegre e con capacidade de sacrificio.
- Como é o vestiario do Cadete A? Algunha anécdota ou segredo que nos poidas contar?
O vestiario é como unha pequena familia, na que estamos moi unidos nos momentos bos e os non tan bos.
Si, o que pasa no vestiario queda no vestiario (risas).
- Que é o que máis che gusta do teu equipo e o que máis valoras?
O que máis me gusta do equipo é o bo ambiente que temos a tódolos niveis. O que máis valoro é a confianza.
- Como estás levando o confinamento e que fas durante o día? Segues en contacto cos teus compañeiros?
Polas mañás axudo nas tarefas da casa, repaso o estudado neste curso e polas tardes xogo o ping-pong, fago traballo deportivo cos meus pastores alemáns e por suposto traballo fisicamente e con balón para non perder a forma… E a noitiña xogo un pouco a play.