- Esta é a túa primera temporada no club. Como a valoras?
Pois mellor do que esperaba, tanto cos compañeiros, dos que sempre recibin un bo trato, como cos nenos e pais cos que estou adestrando. Estou moi contento co traballo realizado.
- Que é o que máis te sorprendeu ou che gusta do noso club?
O trato que se lle dá á base, a importancia de que os nenos estén a gusto e desfruten. Tamén o bo trato dos compañeiros do club.
- Cales son os teus obxectivos como adestador? Prefires fútbol base ou fútbol senior?
O meu único obxectivo é aprender cousas novas e mellorar. Prefiro o fútbol base. A satisfacción e ilusión que che dan os pequenos non o cambiaría por senior.
- Cales son as túas metas no fútbol?
Non teño metas moi altas, só pasar moitos anos no banco que sempre foi o meu soño.
- Que nos poderías comentar do grupo do benxamín B que dirixes esta temporada?
Fóra de que é un grupo moi bo en canto a cualidades, sempre teñen ganas de adestrar. Nótase que desfrutan có balón nos adestramentos. Se lles rifamos por un mal comportamento enténdeno ao momento e saben que o facemos polo seu ben. Os pais axudannos en todo. É como unha familia.
- Que opinión tés da situación social que está atravesando o noso país?
É unha situación moi dura e complicada, na que cada día saen noticias novas e xa non sabes o que creer, pero hai que aguantar un pouco máis, desfrutar da convivencia en familia e aprender de todo o malo.
- Cómo estás levando o confinamento e que fas durante o día?
Ao principio custoume, pero xa a estas alturas moi ben. O meu día a día baséase en axudar na casa, facer as tarefas de clase, fago exercicio e gústame escribir no meu tempo libre
- Que consello lles darías aos xogadores do teu equipo para afrontar estas semanas na súa casa?
Que axuden en todo o que poidan aos seus pais e nais, que fagan deporte, o que sexa, pero que non estén quietos todo o día e que se distraian xogando.