- Como valorías a tempada ata o de agora? Tanto a nivel colectivo coma individual.
A tempada, como cada un de nós individualmente, foi de menos a máis. Melloramos tanto física como emocionalmente.
- Que obxectivos dos que te marcaches a principio de tempada acadaches?
Cheguei ao obxectivo de mellorar fisicamente e de escalar co primeiro equipo
- Onde che gustaría estar dentro de 5 anos?
En cinco anos gustaríame estar en 3ª ou 2ª B
- Quen é Marcos Xesús? Descríbete un pouco como xogador e a nivel persoal.
Marcos Xesús é unha persoa e un xogador con personalidade e carácter, tamén é algo chulampín e bastante divertido
- Cómo é o vestiario do Xuvenil A? Algunha anécdota ou segredo que nos poidas contar?
O vestiario do xuvenil A é unha piña, moi divertido e bastante traballador.
- Que é o que máis che gusta do teu equipo e o que máis valoras?
O que máis me gusta do meu equipo é o compromiso e o que máis valoro é o esforzo
- Cómo estás levando o confinamento e que fas durante o día? Segues en contacto cos teus compañeiros?
Estou levando o confinamento ben, paso o tempo xogando á play, estudando e facendo exercicios marcados por Toni, o preparador físico.