Sensacional tempada a realizada polas nosas rapazas na súa estrena na 1ª Autonómica. O terceiro posto acadado é todo un éxito para un equipo que tivo que superar moitas adversidades ao longo do campionato debido a lesións e baixas, que fixeron que poucas veces se conseguira completar unha convocatoria de 16 xogadoras. Algo que tamén aconteceu no derradeiro partido na Coruña, onde tan só puideron viaxar 13 xogadoras.
A pesares das baixas o equipo adestrado por Rubén García fixo un partido moi completo conseguindo un gol ao principio de cada metade de partido. Aos seis minutos foi Moni a que fixo o 0-1 e no primeiro minuto da segunda parte María Feijoo anotou o seu primeiro gol coa camiseta ourensanista.
No 65 o equipo local acortou distancias no marcador pero as nosas rapazas souperon aguantar o resultado e traer os tres puntos que valeron para manter a terceira praza conquistada a semana pasada ante o Portonovo.
A liga rematou pero non a competición para o equipo feminino. Agora toca xogar a Copa de Galicia e despois a Copa Deputación.