O equipo feminino golea ao Alertanavia (5-1) e sitúase na terceira praza

con No hay comentarios

Vitoria que nos coloca como terceiras na taboa clasificatoria, empatadas a puntos co Portonovo, e a catro das segundas, o Valladares, a falta de tres xornadas para o final da liga. Precisamente teremos que enfrontarnos a estes dous rivais directos nas vindeiras xornadas. Despois do parón de Semana Santa viaxaremos ata Vigo para enfrontarnos ao Valladares e o domingo seguinte recibiremos en Velle ao Portonovo. Espéranos un apaixonante final de tempada.

En canto ao partido ante o Alertanavia destacar a superioridade das nosas xogadoras. No primeiro tempo xa quedou practicamente sentenzado o partido co 3-0 co que se chegou ao final do periodo inicial. Hele, que entrara por Ches debido a súa lesión no minuto 10, marcou o 1-0 no minuto 17 ao recoller o rexeite da porteira visitante tras tiro de Laura, que hoxe xogaba na punta do ataque. Foi ela a encargada de facer os dous goles seguintes nos minutos 33 e 36 que practicamente sentenciaban o encontro. Incrible o gran momento de forma de Laura, espectacular.

Na reanudación as vigueses saen máis decididas e conseguen recurtar distancias aos catro minutos por medio de Andrea. As nosas pasan por un momento de desconcerto pero deseguida recobran o control e o dominio do partido para pechalo con dous goles máis na recta final obra de Cae (minuto 81´), de tremendo disparo por toda a escadra, e de Aldara (minuto 88´).

Alineación: Noe; Ches (Hele, 14´) (Aldara, 86´), Pacy, Lo, María; Dana, Cris; Lola (Zaira, 68´), Aida (Cae, 55´), Jani e Laura (Feijoo, 83´).