Vitoria sufrida sobre o Portonovo nunha mañán cunha climatoloxía moi adversa con choiva e sarabia. O triunfo serve para que o equipo ascenda a terceira posición superando ao propio Portonovo por mellor golaveraxe particular. Agora dependen de si mesmas para manter ese posto facendo o mesmo resultado que as pontevedresas na derradeira xornada de liga. Unha xornada que nos levará ata A Coruña para enfrontarnos ao Victoria B.
O partido foi moi trabado e con escasas ocasións de gol para os dous equipo. No primeiro tempo foron mellores as ourensanistas sen que se notaran as notables baixas coas que tiveron que afrontar o partido, incluida a última hora a da porteira Noe, que tivo que ser sustituida pola dianteira Emma como xa acontecera no partido de ida, casualidades da vida.
A pesares de todos os contratempos bo primeiro tempo ourensanista que tivo o premio do gol de Cris Rodríguez dun bonito disparo cruzado que superou á porteira visitante no minuto 33. Na reanudación cambiaron as tornas e o Portonovo pasou a dominar e a levar perigo á porta defendida por Emma. No minuto 17 conseguiron empatar o partido por mediación de Eva, reflictindo no marcador a superioridade que estaban a mostrar no terreo de xogo.
Co partido costa arriba as nosas rapazas sacaron o mellor de si mesmas e a base de loita e coraxe foron quen de equilibrar o partido e facer o segundo gol sete minutos despois nunha gran xogada de Laura que batiu a porteira visitante cun potente tiro.
Ata o final as ourensanistas souperon manter a vantaxe sen pasar excesivos apuros. Todo o equipo traballou en defensa e apenas lle permitiron ao Portonovo achegarse á porta de Emma.
Agora a redondear unha gran tempada mantendo o terceiro posto no noso estreo na Primeira autonómica.
Foto: Jesús Regal (Faro de Vigo)
One Response
U.D. Ourense colócase terceiro tras gañar ao Portonovo (2-1) na Primeira feminina - Ourense Deportivo
[…] entrada O equipo feminino colócase terceiro tras gañar ao Portonovo (2-1) aparece primero en Unión Deportiva […]