O equipo feminino déixase dous puntos en Lugo

con No hay comentarios

A falta de puntería impediu que as nosas rapazas sumaran os tres puntos na súa visita a Lugo para enfrontarse á Milagrosa (1-1). Era unha xornada propicia para recortarlle puntos ao Portonovo, que descansaba, e ao Valladares, que perdeu na casa contra o líder Victoria (0-3). Ao final tan só puido recortarselles un punto.

O partido foi dominando claramente polas ourensanistas que dispuxeron de múltiples ocasións de gol para decantar o partido ao seu favor. Sen embargo tan só Moni foi quen de superar a férrea resistancia da portería local, que se convertiu na mellor xogadora do seu equipo. No minuto 41 adiantáronse as visitantes tras unha bonita xogada que finalizou a centrocampista ourensá. Co 0-1 chegouse ao tempo de lecer.

Na reanudación o equipo local recompuxose e igualouse o partido. Nunha das súas escasas ocasións conseguiron anotar o gol do empate por mediación de Denise. Con 10 minutos para o final as ourensanistas non conseguiron anotar o segundo gol, do que tamén andiveron preto as lucenses, rematando o partido co empate a un gol.

Rómpese así a xeira de sete vitorias consecutivas. O domingo recibimos ao Alertanavia en Velle a partires das 12,00 horas. As viguesas son penúltimas.

Alineación: Ches; María, Pacy, Lo, Jani; Dana, Moni; Aida (Zaira, 80´), Hele, Laura e Cris.