Era complicado e os elementos tampouco axudaron para conseguir o obxectivo de gañar ao Valladares e loitar polo segundo posto. Partido duro onde as máis castigadas e, curiosamente, sancionadas foron as nosas que acabaron con nove xogadoras sobre o terreo de xogo tralas expulsións de Dana (56´) e Jani (89´).
O marcador final foi 3-1 para o Valladares nun partido moi condicionado pola dureza local e a dobre vara de medir do árbitro do encontro. O primeiro gol local chegou aos 24 minutos ao rematar un córner. Con 1-0 chegouse ao final do primeiro tempo.
Na reanudación calquera atisbo de remontada foi cortada polo árbitro coa expulsión de Dana por protestar. No minuto 72 chegou a sentenza co segundo gol do Valladares ao transformar un penalti. No 81 chegou o terceiro e no 87 Emma recurtou distanzas. A pesares de xogar con inferioridade numérica case toda a segunda metade as nosas rapazas nunca deixaron de loitar a pesares de todas as dificultades coas que se atoparon.
Agora só queda pelexar pola terceira praza co Portonovo. O mellor é que dependemos de nós. Gañando os dous partidos acadaremos o obxectivo. O primeiro é gañar o domingo en Velle ao propio Portonovo (do que nos separan tres puntos pero gañando teremos o golaverage ao noso favor) e na última xornada ao Victoria B na Coruña.