Chega a Velle, domingo ás 12,00 horas, o Deportivo B. A entidade herculina decidiu crear un equipo feminino e para eso absorveu ao Orzán S.D. que militaba na 2ª División e que tiña un filial en 1ª Autonómica, agora renomeado Deportivo B.
As coruñesas comezaron moi mal a tempada, conseguindo a súa primiera vitoria despois de dez partidos de liga. A partir de ahí melloraron moito obtendo sete vitorias e catro derrotas nos seguintes once partidos. A xornada pasada conseguiron unha concluinte vitoria ante o Sárdoma B por 4-1. Na primeira volta rexistrouse un empate sen goles en terras coruñesas.
As nosas rapazas tratarán de encadear a sexta vitoria consecutiva que nos manteña na zona alta da clasificación. Non será doado xa que as deportivistas son un equipo que encaixa poucos goles, son o quinto equipo menos goleado. O seu problema é que lles costa moito facer goles.
Rubén García convocou as seguintes xogadoras: Noe, María, Andrea, Pacy, Lo, Ches, Moni, Dana, Laura, Aida, Cae, Cris, Hele, Feijoo, Palo e Zaira.
Foto: Jesús Regal (Faro de Vigo)
One Response
Ourense Deportivo – O equipo feminino recibe ao Deportivo B
[…] entrada O equipo feminino recibe ao Deportivo B aparece primero en Unión Deportiva […]