Aproveitando que o Valladares descansa esta semana unha vitoria permitirianos colocarnos a sete puntos das viguesas, aínda unha distancia considerable pero seguiriamos na loita polo primeiro posto.
O rival será o Umia, equipo que nos goleou na primeira volta por 4-1, e que marcha no sexto posto da clasificación a 13 puntos das ourensanistas. Moi fortes na casa baixan o seu rendemento cando lles toca viaxar. Lonxe do seu campo gañaron 4 partidos, empataron 2 e perderon 5. Na última saída perderon ante o Victoria, segundo clasificado por 5-1. A xornada pasada gañáronlle ao Sárdoma B por 2-0.
Rubén García contará para este partido coas seguintes xogadoras: Noe, María, Pacy, Lo, Ches, Lola, Andrea, Moni, Dana, Hele, Jani, Cae, Laura, Aida, Cris e Zaira.
Foto: Raquel Pardo