Alí enfrontarase á Milagrosa dende as 17,00 horas do domingo. Un partido moi importante porque de acadar os tres puntos situarianos a un só punto do terceiro posto que ocupa o Portonovo, xa que as pontevedresas descansan.
Pero non será nada doado. As lucenses son moi fortes no seu campo, onde tan só perderon tres partidos e empataron dous, gañando os seis restantes. Veñen de derrotar ao Sárdoma B por 2-4 a xornada pasada. Sen dúbida partido moi complicado.
Rubén García convocou ás seguintes xogadoras: Ches, María, Jani, Pacy, Lo, Moni, Dana, Cae, Hele, Aida, Laura, Aldara, Cris e Zaira.
Foto: Jesús Regal (Faro de Vigo)