O equipo feminino visita ao pechacancelas

con 1 comentario

O domingo dende as 12,30 horas xogarán na Tasca fronte ao Xuventú de Aguiño, pechacancelas da categoría.

Unha boa oportunidade para prologar a xeira de vitorias e sumar a sexta consecutiva. O Xuventú de Aguiño tan só conseguiu dúas vitorias e un empate (sete puntos) nos 20 partidos que leva disputado. Encaixaron 92 goles e marcaron 21. Unhos números que falan da súa debilidade.

O último triunfo foi na xornada 17 ante o Alertanavia por 1-3. No último partido na casa caeron ante o Victoria, segundo clasificado, por un contundente 0-9. No seu feuda da Tasca tan só gañaron ao Torre por 2-1, perdendo os nove partidos restantes.

No partido da primeira volta vitoria ourensanista por 3-0 con goles de Jani, Cris e Hele, nun partido no que as nosas xogadores mereceron moitos máis goles.

De novo ten problemas Rubén García para completar a convocatoria, estando tan só listas 13 xogadoras, sendo baixa as demáis por lesión ou traballo. A convocatoria está formada por: Noe, María, Pacy, Lo, Andrea, Ches, Moni, Dana, Hele, Aida, Laura, Zaira e Aldara.

Foto: Jesús Regal (Faro de Vigo)

One Response

  1. […] entrada O equipo feminino visita ao pechacancelas aparece primero en Unión Deportiva […]