O equipo feminino visita ao Torre da Coruña

con No hay comentarios

O equipo coruñés marcha penúltimo na clasificación con tan só nove puntos. Un dato que nos fala a priori dun partido asequible para as nosas rapazas. Pero botándolle un ollo aos últimos resultados intuímos que nos imos atopar un rival moito máis complicado do que di a súa posición na táboa.

Sin ir máis lonxe a semana pasada empatou no campo do Sárdoma B, equipo que vai igualado con nós na clasificación e que hai ben pouco gañounos en Velle por 1-2. Tamén foron quen de empatar en Portonovo (0-0) e vendéronlle cara a súa derrota ao Victoria (0-1) hai dúas xornadas. Esto indícanos que nos imos atopar a un rival máis complicado do que di a clasificación. O seu gran problema e a falta de gol, xa que son o equipo menos goleador da liga con tan só 20 goles nos 19 partidos que leva disputados.

Xa no partido da primeira volta puxeron as cousas moi complicadas na súa visita a Velle. Un gol de Palo no desconto deulle o triunfo ás ourensanistas por 2-1.

Para afrontar este encontro, xogarase o domingo ás 16,00 horas no campo da Torre de Coruña, Rubén García convocou ás seguintes xogadoras: Noe, María, Pacy, Ches, Andrea, Jani, Moni, Dana, Hele, Cae, Laura, Palo, Aida, Lo, Zaira e Cris.