Esperpento no Couto na vitoria do Bande por 1-3

con No hay comentarios

Chega con retraso esta crónica. Costou facela porque realmente era moi complicado e non apetecía falar do vivido no campo do Couto. É moi triste que un partido entre os dous mellores equipos da Primeira Autonómica, que están a realizar una tempada extraordinaria, que se xogan o título de liga e ao que acuden más de 1.500 espectadores sexa derramado da forma que o fixo unha soa persoa .

Que Iván González, adestrador do Bande, convertira o que podía ser un gran espectáculo futbolístico nun bochorno total e absoluto e realmente indignante. Esperemos que desta vez a sanción a este personaxe sexa exemplar. Calquer calificativo quédase curto ante a exhibición provocadora deste home durante o partido e unha vez rematado o mesmo nos vestiarios. Absolutamente penoso.

Non queremos seguir falando deste persoaxe que deixou en segundo plano o partido. Un partido gañado polo Bande por 1-3 que lle outorga unha vantaxe de cinco puntos con tan só 12 por disputar. Demostraron ser mellores e gañaron con xustiza. Lástima que o seu adestrador se encargara de derramar todo. Alguén debería de pensar se as vitorias conseguidas valen o prezo que está pagando o club e a vila de Bande con todo isto. Alá cada un.

Lamentablemente a crónica do partido quedou reducida a falar do espectáculo montado, que puido derivar nun serio incidente de orde pública, por persoaxe chamado Iván González.

Foto: Yedra Seara