Fogar Vermello: Onde o teu negocio se sente na casa
Únete á rede de empresas que fan latexar o corazón de Ourense
Non somos só un club, somos unha familia. E queremos que o teu negocio sexa parte esencial do noso día a día.
Na UD Ourense non só xogamos ao fútbol; construímos comunidade. Fogar Vermello é o punto de encontro para autónomos, comercios e empresas que queren medrar da man dos nosos valores: o esforzo, a unión e o orgullo de ser de aquí.
Por que formar parte do Fogar Vermello?
Máis alá do fútbol, ofrecerémosche unha fiestra aberta a toda a familia unionista:
Visibilidade real
Chega a unha audiencia fiel con máis de 9.000 visualizacións medias nas nosas redes sociais.
Fai cidade
Apoia o modelo de fútbol popular e vincula a túa marca co tecido social de Ourense.
Networking e experiencias
Desfruta de de invitacións para o palco ou a bancada e comparte a emoción de O Couto cos teus clientes ou colaboradores.
Punto de venda oficial
Obtén a posibilidade de ser un referente onde a afección poida adquirir o material oficial do club.
Escolle a túa forma de axudar
Deseñamos tres niveis de colaboración para que calquera empresa, sexa cal sexa o seu tamaño, poida sentir as cores.
Colaborador "Bancada"
Para pequenos comercios que queren comezar a apoiar.-
Cartón Pluma oficial "Isto é fútbol papá"
-
4 invitacións para un partido elixido pola empresa
-
Publicación en RRSS (media de 9.000 visualizacións)
Colaborador "O Couto"
Para negocios que buscan visibilidade física e dixital.-
Todo o incluído no Plan Bancada
-
Ficha dedicada na sección web "Fogar Vermello"
-
Opción de ser punto de venda de material oficial
Colaborador "Unión"
A máxima vinculación co club-
Todo o incluído no Plan O Couto
-
Abono "Preferencia" a nome da empresa
ESTABLECEMENTOS SOÑADORES
Coñece os negocios ourensáns que xa forman parte do fogar Vermello