Gabi Sanín (Vedra, 1995), vestirá un ano máis a elástica vermella co obxectivo de seguir crecendo no club e que este proxecto ilusionante vaia arriba.
- Que esperas da tempada?
O máis importante é que todos poidamos volver a desfrutar do fútbol con normalidade despois duns meses moi complicados. A maiores, gustaríame seguir crecendo no club e que este proxecto ilusionante vaia arriba.
- Por qué decidiches renovar?
Estou moi a gusto na cidade. Gústame facer vida aquí e, ademais, no deportivo resúltame moi estimulante ver ata onde podemos levar un equipo coma este.
- Que lle dirías á afección?
Que teñan paciencia porque pronto imos poder estar todos xuntos no Couto e que se preparen porque vai ser unha tempada moi emocionante.