Un gol de Pacy no desconto dalle o triunfo ao equipo feminino ante o Torre (0-1)

con No hay comentarios

O Torre foi moito máis rival do que indica a clasificación, marchan penúltimas, e venderon moi cara a súa pel ante as nosas rapazas.

Nunha tarde con intensa chuvia os dous equipos empregáronse con ardor e paixón en busca dos tres puntos. Baixo esas desfavorables condicións climatolóxicas e a forte presión das coruñesas as nosas xogadores tiveron moi complicado practicar o seu fútbol combinativo.

O dominio era alterno e había ocasións nas dúas áreas pero o marcador non se moveu ata o desconto. A saída dun córner Pacy acertou a rematar de cabeza superando a porteira local. Un gol que nos permite sumar tres novos puntos e seguir na persecución do trío de cabeza despois de superar na clasificación ao Sárdoma B, que perdeu na Coruña ante o filial deportivista, próximo rival o domingo en Velle, por 4-1.

Alineación: Ches; María, Lo, Pacy, Jani; Dana, Moni; Aida, Hele, Laura e Cris (Palo, 65´).