Goleada na Peroxa (2-5) nun bonito partido

con 1 comentario

Gran tarde de fútbol a vivida no Marco. Os dous equipos plantexaron un partido netamente ofensivo e diso saíu gañando o público asistente, que disfrutou de sete goles e múltiples ocasións de gol en ambas áreas.

No primeiro cuarto de hora chegaron dous goles ourensanistas e varias ocasións de gol máis. Fran Martínez abriu o marcador aos tres minutos ao rematar unha gran xogada entre Omar e Cristian. No minuto 15 foi Cristian o que rematou un pase de Unai.

Pola súa banda o equipo local tamén disfrutou de varias ocasións de gol, sobre todo por parte do noso ex Dani Pardo, que Samuel, gran partido o seu, se encargou de desbaratar. As chegadas ás áreas seguían producíndose. Pero mentres o Peroxa se atopaba con Samuel os ourensanistas non perdoaban. Fran Martínez facía o terceiro da tarde, e segundo da súa conta particular, no minuto 32 tras outra asistencia de Cristian.

Mentres Samuel se lucía e o longueiro evitaba o cuarto gol visitante tras saque de falta de Marcos Sotelo, chegaba a mala nova da xornada. Fran Martínez retirábase mancado, por mor dunha doenza muscular, no minuto 41. Mágoa pola súa lesión, xa que lle chega cando estaba no seu mellor momento de forma da tempada. Con este sabor amargo chegábase ao tempo de lecer.

Por si quedaban dúbidas en canto ao desenlace do partido no minuto 53 chegou o 0-4. Galopada de Cristian pola banda esquerda tras pase de Aitor e o seu centro e rematado por Unai no segundo pao.

A pesar do avultado do marcador o equipo local seguiu buscando con ahínco a porta de Samuel. Dani dispuxo dunha dobre ocasión pero Samuel en primeira instancia e Julio Martínez sobre a liña de gol salvaron o tanto local. A quen non se lle resistiu o gol foi a Cristian que fixo o quinto cun gran lanzamento dende o borde da área no minuto 71.

Deseguido fixo o seu primeiro gol o Peroxa por mediación de Pablo. Un gol que xa viñan merecendo dende había tempo. No minuto 82 gol anulado por fóra de xogo a Cristian, moi protestado polos ourensanistas, e na seguinte xogada gol local, de novo por medio de Pablo, que foi protestado por posible fóra de xogo. Nesta ocasión o liña non ergueu o banderín e o partido rematou con 2-5.

Este resultado mantenos a dous puntos do Bande, que gañou por 5-0 ao Taboadela. E o domingo partidazo no Couto coa visita do líder. Unha vitoria ourensanista permitiríanos asaltar o liderato. Esperemos que se viva un gran ambiente coma no partido de Copa, pero que o resultado sexa totalmente distinto e poidamos acceder ao liderato.

Alineación: Samuel; Otero, Tito Currás (Xurxo, 55´), Julio Martínez, Marcos Sotelo; Aitor (Diego Pousa, 65´), Omar; Fran Martínez (Xaco, 41), Rubén Durán (Adrián, 55´), Cristian e Unai.

Foto: Yedra Seara

One Response

  1. […] entrada Goleada na Peroxa (2-5) nun bonito partido aparece primero en Unión Deportiva […]