A UD Ourense suma a súa cuarta vitoria consecutiva tras vencer a domicilio o Gondomar. Os ourensáns superan o seu rival gracias os tantos de Fran Martínez e Jony e o acerto de Pato, que detivo un penalti con empate 1-1 no luminoso. Os vermellos abren oco cos seus perseguidores e seguen a estela do Estradense.
Visitaba o Ourense Gondomar e facíao coa lección aprendida doutras saídas de que nadie regalaba nada e de que a pesar de ser un rival da parte baixa da táboa, non sería tarefa sinxela superalo e facerse coa vitoria. Os de Currás tiveron que loitar e pelexar moito para levarse o triunfo, máis se cabe despois dun mal comezo do segundo acto, no que os locais acadarían a igualada e chegarían con perigo a meta de Pato.
O encontro comezou con dominio vermello. Luis González era baixa na medular e Currás optou por dar entrada a Germán no seu posto, situar a Codeso no eixe da zaga e dar entrada a Oli no lateral esquerdo. Joni fixo as tarefas de dianteiro e Unai foi a gran novidade na titularidade, o ocupar un posto en banda. A primeira dos vermellos estivo na testa de Jony, que recibiu un pase de Germán, pero o seu remate estrelouse no longueiro.
Dominaban os visitantes, que desplegaban o seu xogo ante un rival máis preocupado de defenderse e de sacar petróleo en xogadas de estratexia, aínda que gozou de poucas no primeiro acto. Durán tivo o gol nun remate dende a frontal, pero o cancerbeiro local fixo unha gran parada, evitando que se rompese o resultado de gafas.
O primeiro tanto chegaría pasado o ecuador da primeira metade. Unai aproveitaba un erro na saída de balón do rival e recuperaba o coiro, poñéndolle o esférico a Joni, que remataba, pero o cancerbeiro repelía o disparo. O balón morto caíalle a Fran Martínez, que a porta vacía inauguraba o marcador e puña os vermellos con vantaxe.
Tentou replicar o Gondomar antes do descanso cun remate de Luis a unha execución de falta, pero Pato impediu o empate e o resultado o descanso favorecía os unionistas. Primeira parte moi seria, sen demasiadas florituras, pero con dominio e ocasións de marcar algún tanto máis.
Tralo paso por vestiarios chegou o adormilamento dos ourensáns, que o igual que sucedera noutros partidos, saíron o terreo de xogo cedendo espazos o seu rival e sen unha idea fixa ofensivamente. O Gondomar deu un paso adiante e quixo facer sangue tras este gran comezo de segundo acto. Xurdiu entón a figura de Pato. Primeiro detivo unha gran xogada dos locais, que rematou cun disparo de Borja en boca de gol, pero o uruguayo evitaba que o coiro se aloxara nas súas redes.
Foi un aviso dos locais, que acadarían o empate minutos despois por mediación de Vilán. O extremo remataba de primeiras, pero o coiro era repelido pola zaga vermella e voltaba os pes do xogador do Gondomar, que sen pensalo soltaba un novo latigazo ante o que nada podía facer Pato. O encontro voltaba a estar igualado.
Co empate, chegaron os millores minutos dos locais e a sombra da derrota comezou a sobrevoar as mentes do ourensanismo, máis se cabe cando o árbitro decretou un penalti inexistente por suposto derribo de Pato a Vilán. Ahí estivo ese momento do partido que decantou a balanza. O uruguayo adivinou as intencións do lanzador e detivo a pena máxima, mantendo vivos os vermellos, que desta sí, xa espertarían e sacaron partido.
Un saque de banda de Josu iniciou a xogada do tanto da vitoria. O lateral servía para Hugo, que a media volta combinaba con Joni, que sen pensalo remataba con potencia o coiro, enviandoo o fondo da rede. De ahí o final pouco máis que reseñar, xa que o encontro tocaba a súa fin. Os vermellos suman 3 puntos de ouro e a cuarta vitoria consecutiva. Os de Currás aséntanse en segunda posición e distancian os seus perseguidores. O Estradense segue líder, pero os vermellos manteñen a súa estela.