Gran fin de semana cos nosos amigos do Antela FC e CD. Allariz

con No hay comentarios

Esta fin de semana realizamos as derradeiras probas preparatorias para o incio dunha ilusionante nova tempada, desputando dous amigables en terras de Xinzo da Limia e Allariz.

ANTELA FC 1-3 UD. OURENSE

 

 

O sábado visitamos o Campo da Moreira, nun bonito encontro como os desputados na tempada pasada fronte o Antela FC. Un partido que serviu para facer as últimas probas de cara o inicio ligueiro e no que nos poidemos impoñer por 1-3 con goles de Josu, Fran e Adrián. Destacar o debut de Carliños no 11 inicial ante os seus veciños e a boa afluencia de público no partido, nun día no que a Festa do Esquecemento foi a protagonista.

 

CD. ALLARIZ 0-5 UD. OURENSE

 

 

O derradeiro ensaio foi o desputado no Campo do Seixo contra a nosa «besta negra» xa que, o CD. Allariz convertíase ata o momento no único equipo contra o cal non poidemos sacar bo resultado, dado que a tempada pasada chegounos a doblegar en duas ocasións, tanto como locais no Campo do Couto coma de visitantes.

Un partido coma o xogado en Xinzo, no que a abafante calor se deixou notar durante todo momento e o colexiado tivo que parar ata en duas ocasións para que os xogadores se poideran refrescar e tomar respiro.

Na primeira metade un penalti transformado por Luis González adiantábanos no marcador. O Allariz protexeuse ben ata que na segunda metade poidemos aumentar o marcador en 4 ocasións máis. Alfredo con golazo pola escadra, Pablo Corzo e Germán ambos de remate de cabeza e finalmente Unai que convertiría o 5 gol definitivo ó aproveitarse dunha xogada desafortunada por parte da defensa rival.

Así nunha tarde soleada, poidemos acadar o bonito trofeo que se celebra pola Festa da Empanada na fermosa vila de Allariz.

 

Coma sempre, agradecer o seguimento da afección nestas tardes de tanta calor en ambos encontros. Expresar o noso afecto por parte da UD. Ourense tanto os nosos amigos do ANTELA FC. e o CD. ALLARIZ e dar grazas por ser convidados as súas vilas para xogar estes partidos amigables.

Desexamos o mellor para o futuro destes clubes de referencia na Provincia e amosar o total apoio que poidamos ofrecer dende a UD. Ourense.