O conxunto que adestra Fernando Currás continúa invicto e acada dous empates frente a Ourense CF e UD Barbadás, rivais de superior categoría. Gran ambiente nas bancadas ca presenza maioritaria da nosa afección. Destacar a competitividade, fair play e agradecer a vila de Maceda a súa invitación.
A UD Ourense continúa á súa exhaustiva preparación para a nova tempada que comezará nunhas semanas. Onte, na vila de Maceda, tivo lugar un triangular con motivo das festas patronais da Virxe das Neves. O estadio Cardenal Quiroga acolleu os encontros entre tres conxuntos ourensáns que esta tempada participarán nas ligas autonómicas. Partidos de 45 minutos e que serviron os vemellos para seguir dando unha boa imaxe, logo das victorias frente a Loñoá e Unionistas de Salamanca.
No primeiro encontro, o máis esperado, acadouse un empate no derbi da cidade e primeiro encontro entre ambas escuadras da historia. Os nosos saíron a por todas dende o comezo e amosaron que son capaces de xogar de tú a tú frente a calqueira rival. Non faltaron as ocasións para acadar a victoria, pero o gol non chegou e o resultado final foi de 0-0.
Xa no segundo encontro, o rival foi a UD Barbadás, que se adiantou no marcador por mediación de Asier. Hugo García devolvería as táboas cun potente disparo. Outro tanto anotado polo dianteiro, que suma 2 en 3 partidos, os mesmos que Adrián, pichichis ata o momento. Houbo tempo para as rotacións e para ver a varios xuveniles, que amosaron as súas armas.
Gran ambiente nas bancadas, co desprazamento masivo da nosa afección que encheu de colorido as gradas de Cardenal Quiroga e que amosou que xoguemos onde xoguemos, nunca faltan a cita. Expresamos tamén as nosas verbas de agradecemento a vila de Maceda, por ternos invitado a este magnífico triangular e desexamos moita sorte na nova tempada os nosos rivais sobre o terreo de xogo na tarde de onte.
O próximo compromiso será o xoves, cando o noso equipo desputará dous amigables. Un frente o Peroxa CF e outro diante do ADC Polígono. Partidos para os que o plantel dividirase, competindo desta forma un equipo adestrado por Fernando Currás e outro por Nacho Currás.