Gran torneo vila de Maceda «Memorial Miguel Seara» do equipo Benxamín

con No hay comentarios

Esta fin de semana tivo lugar o Torneo Benxamín vila de Maceda «Memorial Miguel Seara», no cal os nosos pequenos do Benxamín A acadaron un mais que meritorio segundo posto tras ser derrotados na final por 1-0  fronte o Pabellón.

O torneo comezou coa fase de grupos, obtendo os seguintes resultados:

Benxamín A 7-0 Nogueira
Xinzo 1-2 Benxamín A
Purísima 0-3 Benxamín A

Tras pasar á seguinte rolda, os nosos pequenos fixeron uns auténticos partidazos contra uns grandes rivais ata chegar á final:

1/4   Arrabaldo 0-5 Benxamín A      Semifinais  Xinzo 0-5 Benxamín A

Unha mostra mais do bo nivel que amosa a nosa xoven canteira, que pouco a pouco vai millorando e respondendo nas súas distintas categorías. Pero sobre todo destacar o bo ambiente que se respira e o mais fundamental, a  deportividade e a diversión a través do deporte.

Un gran torneo coma sempre os organizados na vila de Maceda, que queremos felicitar polo seu bo trato e traballo realizado no mesmo, e como non, ó equipo vencedor do Pabellón que conseguiu iste bonito trofeo.

Parabens a todos!!