O xuvenil Daniel Pardo «Un dos nosos» ficha por A Peroxa C.F.
O noso dianteiro e capitán do Xuvenil A, deixa a súa etapa como canteirán da U.D.Ourense para comezar unha nova andaina nun dos clásicos do fútbol Ourensán, o prestixioso clube e gran equipo A Peroxa C.F.
Todos os eloxios son poucos para agradecer a Daniel, o traballo e o tempo protagonizado coa nosa entidade dende os seus inicios. Daniel foi un dos primeiros canteiráns en formar parte deste novo Ourense e mais en debutar co primeiro equipo.
Un gran compañeiro dentro e fora do terreo de xogo, que coma capitán deu exemplo en tódalas facetas deste deporte, o que tivo a súa recompensa tras entrar en mais dunha ocasión en convocatorias do primeiro equipo.
Os seus ex-entrenadores adícanlle unhas verbas:

«Agradecer enormemente su compromiso con el equipo y los valores que dejó en el. Un chico que fué muy importante para nosotros y seguro que en A Peroxa también lo será»

«A aportación que fixo ó equipo esta tempada foi espectacular. Penso que a súa saída a un equipo de maior categoría como A Peroxa, é ideal para o remate da súa formación e poder coller a experiencia necesaria para competir. Neste sentido non é unha despedida senón un ata logo, dado que con traballo, esforzo e as ganas que lle poña poderá voltar a súa casa. Ogallá tivésemos moitos mais Danis»
A Peroxa sempre tivo moita relación co antigo C.D.Ourense, o Campo do Marco era cedido para algún adestramento e desputáronse amigables entre ambos clubes, o ex-presindente «Seoane» e ex-xogadores coma «Manolito» e «Xabi Seoane» son de orixe deste recoñecido Concello. Daniel Pardo natural da parroquia de Graíces, xunto co noso capitán Diego Soto, convertéronse nos primeiros xogadores con orixes no Concello da Peroxa en pertencer a U.D.Ourense. Daniel seguirá a defender as cores vermellas, tamén do Peroxa, no mítico campo do Marco.
Gran acerto por parte da directiva da Peroxa en contar con xogadores como Daniel e apostar por xente do seu Concello para levar a cabo o seu proxecto deportivo. Unha honra para nos, que xogadores canteiráns formados no noso clube poidan axudar e contrubuir en que os equipos dos pobos da provincia sigan traballando e desfrutando do fútbol provincial.
Desexamos que A Peroxa C.F. volte acadar os éxitos que durante varias etapas ó longo da súa historia leva amosado no fútbol Ourensán, chegando a obter ata 5 títulos de liga.
Os millores desexos Daniel, a Unión Deportiva Ourense sempre será o teu clube para o que desexes.
One Response
O xuvenil Daniel Pardo da U.D. Ourense ficha por A Peroxa C.F. - Ourense Deportivo
[…] entrada Grazas e boa sorte “Dani” aparece primero en Unión Deportiva […]