Hele finalista ao premio de Mellor Xogadora de Primeira Galega 2016-17

con No hay comentarios

A xogadora ourensanista é unha das tres candidatas elexidas polos quince técnicos da categoría. As outras dúas son Ana Iglesias do Valladares e MIri do Victoria.

A gañadora darase a coñecer no transcurso da V Gala do Fútbol Feminino Galego que terá lugar o vindeiro 25 de xuño en Cambados.

Esta nominación é un xusto premio á gran tempada desenvolvida por Hele, peza básica do equipo ourensanista. Xogou os 28 partidos da tempada anotando 12 goles. Sempre disposta a sacrificarse polo equipo chegou a xogar algunha que outra vez mermada físicamente.

Parabéns Hele.