O histórico Antela espéranos en Xinzo

con 1 comentario

A partires das 17,00 horas do domingo no campo da Moreira teremos a oportunidade de dar un pasiño máis cara o ascenso de categoría. Non o porá facíl o Antela, un equipo que comezou mal a tempada pero que pouco a pouco foi escalando postos na clasificación ata situarse na zona media.

Ten moito mérito a campaña dos limiaos se temos en conta que o club estivo a piques de desaparecer e tivieron que confeccionar un equipo a contrareloxo coa liga case empezada. Superado este delicado momento están recollendo os froitos e camiñan hacia a permanencia sen moitos problemas.

No seu campo gañaron cinco partidos, empataron dous e perderon seis. Os seis primeiros partidos perderonos e o sétimo acadaron un empate. Non gañaron ata o oitavo, e despois cinco vitorias consecutivos e un empate, precisamente no último partido que xogaron na casa ante o Cortegada (2-2). Non perden na Moreira dende o seis de novembro, foi ante o Allariz por 1-2.  Agora están fortes na casa e non será doado sorprendelos.

No partido da primeira volta no Couto vitoria ourensanista por 2-1. Un triunfo moi traballado xa que ao descanso gañaban os limiaos por 0-1. Fran Martínez e Hugo déronlle a volta no segundo tempo ao partido.

Para este encontro Antonio Dacosta recupera aos sancionados Fran Martínez e Marcos Sotelo e ao lesionado Hugo. Seguen de baixa Toni e Aitor e Sergio non está en condicións óptimas para disputar o partido, dándolle descanso para que se recupere completamente.

O once inicial que saltará a Moreira será o seguinte: Lucas Sierra na porta; Otero, Tito Currás, Julio Martínez e Senén en defensa; Fran Martínez e Omar aos mandos na medular; Xaco e Cristian nas bandas; Rubén Durán na media punta e Unai repite no posto de dianteiro centro despois do bo partido xogado ante o Monterrei. No banco estarán Samuel, Xurxo, Marcos Sotelo, Adrián e Hugo.

Foto: Yedra Seara

One Response

  1. […] entrada O histórico Antela espéranos en Xinzo aparece primero en Unión Deportiva […]