O histórico ascenso en imaxes

con 1 comentario

Tres de tres. Despois dunha longa tempada por fin conseguimos o ascenso á Preferente sur. Damos deste xeito o salto do fútbol provincial ao autonómico despois de 3 ascensos consecutivos.

Comezaba este novo Ourense a súa andadura na tempada 2014/15 desde a categoría máis baixa do fútbol rexional. Nesa primeira tempada conseguíase o ascenso e o título de liga cun pleno de victorias: 28 de 28. Na seguinte tempada, a 2015/16 o ascenso chegaba a falta de 5 xornadas para rematar a competición e logo acadaríase tamén o título de liga e a Copa Diputación B .

Constitúe este terceiro ascenso consecutivo a falta de 6 xornadas para o remate un gran mérito de todo o ourensanismo e a consolidación dun proxecto diferenciado que aposta polo modelo de club de accionariado popular.

Temos agora por diante  reto de disputarlle ao Bande os dous títulos desta tempada. Na liga recortamos distancias logo do seu empate en Cortegada mentres que na copa temos o difícil desafío de remontar o 0-2 que sufrimos no Couto.

Deixámosvos varios vídeos e fotografías para que poidades ver estes momentos de alegría do noso club.

 

Pulsa sobre a galería fotográfica para velas fotos

Momento do final do partido

Os seareiros entrando ao campo cos xogadores

Manteando a Xurxo

Celebrando o ascenso cos seareiros

One Response

  1. […] O histórico ascenso en imaxes […]