A xogadora da UD Ourense, Mónica, recibirá unha homenaxe no partido deste próximo domingo fronte O Val, con motivo dos seus últimos minutos en competición ligueira na súa carreira futbolística, tras 8 meses no dique seco.
Mónica despedirase do fútbol no campo dos Remedios, este próximo domingo a partires das 16:00 horas. A capitana da sección feminina, e buque insignia do conxunto vermello nas últimas tempadas, volta aos terreos de xogo tras 8 meses parada, despois da súa gravísima lesión de xeonllo.
Mónica caía lesionada no encontro ligueiro en Os Remedios fronte o Tordoia, tras recibir unha durísima entrada dunha rival. As probas médicas certificaron rotura de ligadura cruzada no xeonllo, o que levou pasar á xogadora por quirófano e impedíndolle a práctica do fútbol durante toda a tempada. Moni xa padecera outra lesión da mesma índole, polo que esto levoulle á dura decisión de ter que deixar o mundo do fútbol.
O técnico da UD Ourense daralle os últimos minutos en competición ligueira este domingo fronte O Val, no último encontro do conxunto feminino en Os Remedios. A capitana terá a oportunidade de despedirse diante da súa afección, acompañada das súas compañeiras nos últimos anos.
Por elo facemos un chamamento a afección vermella para que acuda o domingo as 16:00 horas Os Remedios a despedir a unha lenda do fútbol feminino en Ourense.
A pesares de que este partido será no que o club lle fará unha homenaxe especial con motivo da súa retirada, non será o último da súa carreira, posto que, será na posterior competición copeira cando poñerá fin a súa traxectoria futbolística. Nas próximas semanas, tamén se despedirá en rolda de prensa.