Homenaxe a Xaco e Diego Soto #DousdosNosos

con No hay comentarios

No partido desta xornada fronte o Caselas CF, quixemos rendir unha especial homenaxe a dous dos xogadores que formaron parte das 3 primeiras tempadas da historia da Unión Deportiva Ourense. Xaco e Diego Soto recollerían no seu Estadio e ante a súa afección sendas placas nas que se lles recoñece e valora o seu traballo e a súa aposta polo renacer dun novo Ourense.

Ante os merecedores aplausos dos numerosos afeccionados que se derón cita no Estadio do Couto, visualizouse no marcador un vídeo que recollía os mellores momentos vividos por ambos coa elástica da UD. Ourense.

Bonitos e entrañables momentos os recordados, nos que novamente damos as grazas e os parabéns a estes grandes xogadores que, quedarán para sempre marcados na historia da Unión Deportiva Ourense.

 

 

ESTATÍSTICAS E DATOS PARA O RECORDO