Hoxe día Internacional da muller, predicamos como exemplo e amosamos o papel que desempeñan as mulleres na Unión Deportiva Ourense. Clube que naceu en feminino, como o seu nome reflexa, no que no seu día a día se pode percibir a naturalidade coa que o clube trata o tema seixista, a prol de que mulleres e homes realicen e traballen un xeito xusto o deporte que elixiron, o fútbol. Deporte onde tradicionalmente o machismo se manisfesta de maneira mais vergoñenta, e coma nos gusta dicir a nos CON NATURALIDADE, convivimos neste novo Ourense, de maneira igualitaria en tódolos seus ámbitos.
O machismo é un acto totalmente inxustificable, temos que facer dunha vez por todas, que a igualdade de xénero sexa natural nesta sociedade. Asemade, non podemos deixar de loitar en canto á protección da muller fronte a violencia machista, para erradicar xa esa lacra, e seguir facendo tódolos esforzos para que a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.
A continuación deixamos algún dos exemplos de igualdade no traballo e na vida social, que se poden apreciar na Unión Deportiva Ourense,
ACTOS
(preme sobre as imaxes)
AS MESMAS CORES O MESMO SENTIMENTO
SOMOS UN!

GRAZAS A TÓDALAS MULLERES QUE FORMAN PARTE DO CLUBE POR FACELO MAIS ESPECIAL
#DIGNIDADE E RESPETO PARA TÓDALAS MULLERES