II Torneo Internacional Garza Mercedes-Benz

con No hay comentarios

Este sábado 9 de setembro xógase a fase previa ó II Torneo Internacional Garza Mercedes-Benz, protagonizado polo noso patrocinador principal da Base.

O campo de Eiroás acollerá este bonito evento alevín, no que o noso patrocinador mostra unha vez mais o seu apoio e aposta pola formación dos mais pequenos.

Esta fase previa será a antesala da segunda fase do torneo na que participarán importantes clubes internacionais como: Oporto, Deportivo de A Coruña ou Inter de Milán.

O noso equipo alevín competirá contra outros 7 equipos Ourensáns, na procura da única praza que dará acceso a este Torneo.

 

GRUPOS

Grupo A : Ourense CF, Pabellón, CD Velle e UD Ourense

Grupo B: UD Barbadás, EDC Verín, SDC Arrabaldo e ED Ourense

HORARIOS

Data: Sábado 9 setembro  Campo: Eiroás.

10:00 campo 2   CD Velle – UD Ourense
11:10  campo 2   Pabellón – UD Ourense
12:20 campo 1   Ourense CF – UD Ourense

A duración dos partidos da liguilla serán de 24 minutos, duas partes de 12 minutos cada unha, con 5 minutos de descanso. Pasarán os dous primeiros de cada grupo.

As semifinais xogaranse a partires das 16:00 horas e a esperada gran final terá lugar ás 17:30 horas.

 

Agardando que sexa un día de festa para todas as canteiras, dende a Unión Deportiva Ourense desexamos moita sorte e deportividade a todos os participantes.