III Memorial CD Ourense: unha edición moi especial

con No hay comentarios

O III Memorial CD Ourense reunirá este sábado ás 19:00 horas no estadio do Couto a dous clubes que renden memoria a dous históricos do noso fútbol. UD Ourense e Unionistas de Salamanca veranse as caras nun encontro marcado polo ambiente festivo. Yosi, un ourensanista de pro, será o encargado de realizar o saque de honra.

As horas transcorren e achégase o gran día. Por terceiro ano consecutivo, a memoria do noso histórico Club Deportivo Ourense voltará a estar presente no estadio do Couto. A terceira edición do memorial o finado clube chega cargada de novidades. Por primeira vez na historia da UD Ourense, o clube enfrontarase a un rival de fora de Galicia, neste caso Unionistas de Salamanca, outro clube de accionariado popular e que rinde tributo a outro equipo finado, a UD Salamanca.

Agardase un gran ambiente, co desplazamento de varias deceas de persoas chegadas dende Salamanca, que virán a Ourense para desfrutar dunha xornada festiva e chea de momentos emotivos. Será unha festa do fútbol popular e o primeiro encontro que xogaremos contra un equipo irmán no que ó accionariado popular refire.

Un dos que se agarda con especial espectación será o saque de honra, que correrá a cargo dun dos maiores embaixadores da cidade polo mundo adiante. Yosi, voz principal do grupo Los Suaves e ourensanista recoñecido, será o encargado de dar inicio o duelo entre os dous clubes de fútbol popular. Momento cheo de nostalxia e cariño para un referente da música da nosa cidade e que estase a recuper de problemas de saude.

 

Yosi durante unha das sñuas actuacións, lucindo a camisola de CD Ourense.

Tralo atractivo partido, a xornada non quedará ahí, dado que despois do encontro haberá unha rondalla entre afeccionados de ambos clubes polas rúas da cidade, visitando ós establacementos que colaboran coa entidade e mais os recunchos característicos do Casco Vello.

Entre os afecionados desprazados dende Salamanca, sortearase unha estancia para dúas persoas nun dos balnearios Caldaria da provincia. Con esta iniciativa, o club quere aproveitar tamén incentivar o turismo na nosa cidade e premiar a todos aqueles establecementos que se volcan coa nosa entidade, apoiando e aportando para a nosa causa.

Para o encontro, tamén foron feitas varias bufandas conmemorativas cos escudos e cores dos dous equipos e que estarán a venda ó público local a partires de setembro, vista a gran demanda por parte de ambas afeccións, esgotándose as que se fixeron para o encontro.

Os trofeos do memorial co escudo de Clube Deportivo Ourense e as bufandas conmemorativas do encontro.

O Memorial foi presentado os medios onte coa presencia de varios membros da directiva e do presidente, Modesto García.